Framaforms

Deseña as túas enquisas en liña doadamente e respectando ao voso público

Comezando

Crea formularios doadamente

Edita os teus formularios cun simple arrastrar e soltar. O gran número de campos de formulario dispoñíbeis cubrirá todas as túas necesidades.

Limitacións

Framaforms ten certas [limitacións] (https://framaforms.org/limitations):

  • un formulario ten unha duración de 6 meses (predeterminado)
    • admítese un máximo de 5,000 respostas
  • unha conta só pode ter 200 formularios como máximo

Este servizo ofrécese suxeito á aceptación das nosas condicións xerais e pode ser moderado segundo a nosa directiva de moderación.

Framaforms, un dos varios proxectos

Framaforms, unha ferramenta emancipadora

A economía da túa atención

Framaforms é de balde, sen anuncios nin trampas para clics. O noso obxectivo é aloxar unha ferramenta ao teu servizo e non ao revés.

Ao contrario do adaxio, aquí, ti non es o produto.

O control dos teus datos

Framasoft recompila a menor cantidade de datos posíbel.

Tes total autonomía respecto diso.

Non temos interese ningún en rastrexar o teu comportamento nin en explotalo.

Respectando as túas liberdades

Framaforms baséase nun software libre¹. O seu código é transparente, auditábel publicamente e non ten ningunha característica agochada.

Está feito pola comunidade, e quen queira e libre de duplicalo ou bifurcalo e desenvolver un proxecto cun novo enfoque.

¹ Yakforms – Liceza GNU GPL v2

Framaforms é unha instalación do software libre Yakforms nos servidores txt.soft. A súa licenza libre permite estudar o seu código, melloralo e instálao no teu propio servidor.

Por que ofrecer Framaforms?

Usar Framaforms é o primeiro paso no camiño cara á túa autonomía dixital.

Confiar os teus datos a un aloxamento implica ter razóns para confiar nel. Framasoft comprométese con condicións claras¹ para aloxar servizos con respecto pola túa integridade.

consulta as nosas Condicións de uso e a nosa directiva

Crear un ecosistema resiliente

Framasoft é un dos moitos actores que ofrecen servizos en liña aloxados cunha forte ética, co obxectivo da descentralización.

Para dar un paso máis na túa emancipación dixital, atopa o mesmo servizo aloxado preto de ti por un dos membros do Colectivo de hospedadores independentes, transparentes, abertos, neutrais e éticos: os CHATONS!

Achegar ao común dixital

Detrás dun servizo como hai unha proposta política: explorar unha alternativa ao capitalismo de vixilancia experimentando cunha sociedade da colaboración.

Ao ofrecer usos, comentarios e achegas a Yakforms, participamos no mantemento da vitalidade dun recurso común.

Quen está detrás de Framaforms?

Framaforms é ofrecido por unha asociación francesa sen ánimo de lucro: Framasoft

Creada en 2004, a asociación agora dedícase á educación popular sobre os retos da era dixital e dos bens culturais. A nosa pequena estrutura (35 membros, incluíndo 10 empregados) é coñecida como o proxecto Desgooglicemos Internet (26 ferramentas en liña éticas e alternativas) e polo desenvolvemento de PeerTube, Mobilizon, etc. Recoñecida como de interese xeral Framasoft está financiado nun 94% por medio de doazóns, que son deducíbeis de impostos para os contribuíntes franceses.

Apoia a Framasoft

Porque a libre non quere dicir de balde…

Framasoft é unha organización sen ánimo de lucro que pode seguir funcionando grazas ás vosas doazóns. Gústalle o que facemos? Cree que imos na dirección correcta? Se é así, e pode facer unha doazón, agradecémosllo moito!

1. Doar a Framasoft

2. Complete a súa información

Eu represento a

En Francia, grazas á deducción fiscal do 66%, a súa doazón de €80 custaralle só €27.

3. Facer o pagamento o pago

Preguntas

  • As doazóns recorrentes pódense deter en calquera momento, [só ten dicirnolo] (https://contact.framasoft.org/#soutenir).
  • Se queres modificar a túa doazón recorrente, contacta connosco, pararemos a actual e poderás facer unha nova.
  • Os recibos fiscais (só en Francia) envíanse por correo postal en marzo/abril 2026 (antes da declaración de impostos) para as doazóns feitas no 2025
  • Pódense consultar os informes económicos e de actividade da asociación desde a nosa páxina de [presentación da asociación] (https://framasoft.org/association)
  • Se ten máis preguntas, pode atopar respostas aquí